Opersoal da fábrica que Ence ten en Pontevedra secunda este sábado a primeira das doce xornadas de folga en protesta polo despedimento de 39 operarios, dun cadro de 282.
Ante unha ampla despregadura policial, fixeron piquetes ás seis da mañá pero non se produciron incidentes, dado o apoio maioritario ao paro.
"Só podemos responder con toda a nosa forza e unidade ante esta ameaza directa de despedimento colectivo", sinalaron en rolda de prensa os membros do comité, formado por representantes de Comisións Obreiras, CIG e UXT.
Esta situación, segundo confirman o presidente e o secretario do comité, Santiago Cerqueiro e Omar Vázquez, provocou unha "guerra total aberta" entre a empresa e o persoal, que acusa a dirección da compañía de "mentiras e compromisos incumpridos".
A convoca

G24

OK Magazine
Democrat and Chronicle Sports
AlterNet
Raw Story
NBC News
MovieWeb
Truthout
The List