Na parte de terra do cemiterio de Santo Amaro , onde desde hai pouco máis dun mes descansa o pintor Francisco Miguel , hai aínda corpos enterrados de persoas asasinadas polo franquismo. Para non esquecelos e para honrar as súas vidas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica organizou este sábado un roteiro polas «fosas do terror », que se encargou de guiar Rubém Centeno, autor do traballo A cidade sepultada: As fossas ocultas do franquismo do cemitério de Santo Amaro (1936-1949) , ao que asistiron tamén familiares de represaliados que contaron como os seus avós e pais intentaran moitas veces atopar os restos dos seus seres queridos sen conseguilo.

«As fosas de Santo Amaro están dispersas por todo o cemiterio », explica Centeno, que lamenta que sexa en 2025 cando se fai

See Full Page