Un xurado popular determinará a condena ou non de prisión permanente revisable para o suposto autor da matanza dunha familia en Chiloeches. Hoxe comezou na Audiencia Provincial de Guadalaxara o xuízo pola morte dun matrimonio e a súa filla de 22 anos que foron asaltados na súa casa en abril do ano pasado.
O exnoivo da rapaza, da que tiña unha orde de afastamento, supostamente informou uns amigos de que a familia tiña xoias e unha colección de reloxos, e organizaron un roubo que rematou en traxedia. Tamén está sentado no banco en calidade de cooperador necesario.
O principal acusado entrou pola noite no chalé, armado cunha baioneta e un coitelo, e ao seren descuberto polos propietarios, matou o pai con 29 coiteladas e a nai con catorce. A filla recibiu outras 7 cando tentaba fuxir, e só s

G24

Noticias de España
ElDiario.es Politica
The Conversation Español
ALERTA El Diario de Cantabria
Antena 3 Noticias Economía
The Federick News-Post