Tras un encontro de traballo do conselleiro de Sanidade e representantes das xuntas provinciais da AECC avanzouse este luns a constitución dun comité asesor de cribados , no que estarán representados os pacientes e que permitirá compartir información e tomar decisións sobre estratexias de mellora dos programas de detección precoz de cancro .

A información completa sobre os programas de cribado de cancro en Galicia estará, ademais, ao dispor do conxunto da cidadanía a través do Observatorio de Saúde Pública , indicou Gómez Caamaño.

O conselleiro tamén informou de que, para a Consellería que dirixe e para a Xunta, "o cancro é unha cuestión absolutamente central e prioritaria, apostando por abordala coa máxima seriedade, rigor e transparencia".

Pola sa banda, Germán Rodríguez-Sáa,

See Full Page