Un octoxenario foi atopado morto este luns nunha mina de auga no lugar de Brosmos, na localidade luguesa de Sober.

Segundo fontes municipais consultadas por Europa Press, o home, veciño de Sanmil, na parroquia de Santa Cruz de Brosmos, acudiu por auga a este lugar.

Os familiares cos que convivía no seu domicilio notaron a súa ausencia e, posteriormente, atoparon o corpo sen vida do home nesta mina de auga.

Así mesmo, estas mesmas fontes indicaron que se trata dun manancial de pouca altura no que é necesario agacharse para poder coller a auga, polo que apuntan a que o home puido sufrir unha indisposición e caer e non logrou saír .

En todo caso, as forzas e corpos de seguridade investigan o sucedido e está previsto que se lle realice a autopsia para esclarecer as causas do falecemento.

See Full Page