A Garda Civil desarticulou na contorna de Santiago de Compostela un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas, nun operativo que se saldou con 6 persoas detidas (tres delas xa ingresaron en prisión por orde xudicial), máis de 1.500 plantas de cánnabis intervidas, 29.000 euros e catro vehículos comisados.

Todos os investigados están acusados de senllos delitos contra a saúde pública, de pertenza a grupo criminal, de lavado de cartos, de falsificación de placas de matrícula e de defraudación de fluído eléctrico.

A operación Smell, tutelada polo Xulgado de Instrución de Arzúa, iniciouse tras a detección de consumos eléctricos irregulares nos municipios de Oroso e O Pino.

Como froito do traballo de campo realizado, os gardas civís actuantes localizaron dúas naves industriais

See Full Page