A bóla do Ourense C. F. estará no bombo xunto coas de Celta, Depor, Rácing de Ferrol e Pontevedra, que tamén esperan adversario, aínda que as dificultades serán variables en cada caso. Polo formato, aos equipos de Primeira RFEF podería tocarlles o Celta de Vigo.

Nestes sorteos de Copa están a priorizarse criterios de proximidade xeográfica , polo que é posible que haxa un duelo fratricida, como xa ocorreu co U. D. Ourense-Pontevedra, que se resolveu nos once metros tras o 1-1 final. O Rácing de Ferrol, pola súa banda, deixou na cuneta o Langreo.

Pola outra banda, hai que considerar que nesta rolda son 15 os equipos de Primeira División que teñen pasaporte , coas ausencias aínda de Barça, Madrid, Atleti e Athletic e a xa coñecida baixa do Oviedo. Así, eses quince equipos da elite

See Full Page