O Consello de Política Fiscal e Financeira , convocado para este luns, arrincará con polémica pola aprobación da acta da última xuntanza do 26 de febreiro.

Os catorce conselleiros autonómicos de Facenda do PP , entre eles o galego Miguel Corgos, aseguran que a ministra María Jesús Montero é responsable de falsear a votación dese Consello e esixen unha rectificación. Fano mediante unha carta conxunta na que explican que non votaron "abstención" sobre a quitación da débeda autonómica , como se recolle na acta, senón que optaron por irse da xuntanza sen votar.

A versión do Ministerio de Facenda figura na propia acta e indica que que se lles advertiu ao irse , se se ausentaban, computaríase o seu voto como unha abstención.

See Full Page