Oclub vasco atinou á hora de elixir o futbolista que falou esta semana en conferencia de prensa. Denis Suárez é de Vigo e o Celta é o club da súa vida. Pero agora defende outras cores.

Aínda que o sábado xogue en Mendizorroza contra os galegos, o realmente especial será cando, na segunda volta, xogue en Balaídos.

“Xogar contra o Celta sempre é especial para min, máis cando me toque visitar Vigo”, dixo.

Denis Suárez foi pai recentemente e Nathan leva xa dúas semanas neste mundo.

“A nivel persoal teño que dicir que esta parada de seleccións veume moi ben para estar co meu fillo. En xeral, penso que está ben poder parar de cando en vez independentemente de que veñas dunha vitoria ou dunha derrota. Tamén serve para facer unha pouca cultura de selección”, comentou.

See Full Page