O Congreso aprobou por unanimidade a validación do real decreto para desenvolver as medidas da lei ELA co que as persoas en fase avanzada desta enfermidade terán dereito a unha prestación de ata 10.000 euros ao mes , grazas ao apoio de todos os grupos parlamentarios.

A iniciativa saíu adiante con 346 votos a favor e ningún en contra .

O ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy , foi o encargado de defender esta iniciativa ante os parlamentarios e de pedirlles o seu voto a favor, xa que, segundo dixo, "no esencial" están de acordo e é que as persoas con ELA ou outras enfermidades irreversibles "por fin van contar cunha protección e un acompañamento por parte dos poderes públicos" .

Este real decreto lei crea un novo grao de dependencia extrema ou Gra

See Full Page