A presenza de Ángel Arcos , un dos atacantes do filial, é a principal novidade na convocatoria de Claudio Giráldez para o partido que este sábado disputará o Celta contra o Deportivo Alavés.
O extremo esquerdo, que leva 1 gol e 2 asistencias coa Celta Fortuna en Primeira Federación , estrearase nunha convocatoria do primeiro equipo no Estadio de Mendizorrotza.
Giráldez non quixo forzar o regreso do internacional sub-21 sueco Williot Swedberg , quen esta semana xa traballou co grupo pero non está ao cento por cento. As outras dúas baixas por lesión son o extremo Hugo Álvarez e o central Carlos Domínguez.

G24

RadarOnline
Raw Story
New York Post
CNN
Bustle Relationships
AZ BIG Media Lifestyle
The Daily Beast
OK Magazine
The Babylon Bee