O Deportivo acadou a cuarta vitoria consecutiva diante do Ceuta en Riazor, que lle devolve o liderado da Segunda División. Foi nun partido en que tivo que tirar de acerto rematador e de oficio, diante dun máis que digno rival. Porque o Ceuta saíu valente ao céspede de Riazor, co Deportivo buscando tamén as súas opcións, como unha de Yeremay antes do minuto 10. Pero no 12 chegaba a primeira gran ocasión dos visitantes, unha boa internada na área de Konrad que rematou a gol, topando cunha boa parada de Germán Parreño.
O Deportivo foise facendo aos poucos co control do partido, e chegaba algunha acción polémica, como unha falta botada á área na que José Ángel pedía un penalti que o árbitro non concedeu.
Superada a media hora de xogo, Germán tivo que empregarse outra vez para evitar o tanto

G24

New York Post Media
Montana Sports
The Daily Beast