O Deportivo Abanca arrancou este curto mes de decembro, desde o punto de vista competitivo, cunha vitoria chea de oficio ante o Granada . Cun partido atrapallado no inicio, cheo de dúbidas, ao que souberon sobrepoñerse as galegas.

Co seu oficio e unha boa presión, o Deportivo trazou un partido de roubo e saída no que brillou Ainhoa Martín . Ela protagonizou a acción do primeiro tanto, cunha arrancada desde a medular que encontrou colaboración involuntaria de Ari Mingueza e que a propia Ainhoa acabou por pechar cun regate marabilloso , o máis puro estilo Messi. Minuto 43.

Á volta dos vestiarios, o Granada tratou de ir arriba, xogou os seus mellores minutos e dispuxo de oportunidades, pero aí topou coa figura de Inés Pereira , a gardameta local. E no medio do empuxe nazarí e d

See Full Page