O Celta esnaquizou no Bernabeu varios rexistros históricos. O máis importante, que acadou a cuarta vitoria seguida como visitante, algo que nunca antes conseguira na Primeira División. Comezou a serie coa vitoria no campo do Osasuna (2-3), seguiu diante do Levante (1-2) e deulle continuidade contra o Alavés (0-1). O máis difícil era gañar no campo do Real Madrid e logrouno grazas ao dobrete de Williot (0-2).

Non é a mellor marca particular porque na campaña 2004-05 na Segunda División o equipo entón adestrado por Fernando Vázquez chegou ás sete vitorias seguidas como visitante. Estivo sen perder entre o 5 de febreiro e o 24 de abril e acabou ascendendo a Primeira.

Outro rexistro que conseguiu o Celta foi o de acadar o primeiro triunfo no Bernabeu sen encaixar un gol. É a sexta vitoria no

See Full Page