Osecretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, comparece este venres para dar conta da situación creada logo de facerse públicas as denuncias por acoso sexual contra José Tomé Roca.
Tomé formalizaba na mañá deste venres a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo, pero non facía entrega da súa acta de deputado provincial , como lle reclama o PSdeG. Ademais, mesmo presidiu a Xunta de Goberno deste organismo, o que provocou que se ausentasen dela os seus socios de goberno do BNG.
A comparecencia de Besteiro chega un día despois da carta que dirixiu á militancia socialista de Galicia, na que aseguraba que non tivo coñecemento das denuncias por acoso sexual que, segundo destapou o programa 'Código 10' en Cuatro, presentaron ata seis mulleres contra Tomé Roca.
Nesa carta non

G24

ABC30 Fresno Sports
Raw Story
The Daily Beast
Tom's Guide
AlterNet
NBC News Video