Despois da renovación de Swedberg tocada asinar a de Carlos Domínguez. Remataba contrato en 2026 e tivera algunha proposta interesante do estranxeiro pero a súa prioridade sempre foi continuar no Celta.

Con 19 anos deu o paso do xuvenil de División de Honra ao Celta Fortuna e esa mesma temporada xogou catro partidos no primeiro equipo debutando o 9 de maio de 2021 no campo do Vilarreal. Durante dúas campañas máis alternou o primeiro e o segundo equipo ata que en 2023 conseguiu unha ficha en Primeira e xa non a soltaría.

Vestiu en 65 ocasións a camisola celeste e marcou un gol, a temporada pasada no partido de Copa contra o Salamanca. Carlos, no club desde que era un cativo, seguirá aportando a súa sobriedade e seguridade defensiva ata o 2028.

See Full Page