A vilagarciá Jessica Bouzas continúa imparable na xira americana. Despois do éxito en Montreal onde chegou a cuartos de final agora busca repetir éxito en Cincinnati onde está a xogar un gran tenis. Derrotou a Taylor Townsend por 6-4, 6-1.

O primeiro set foi o igualado e non se decidiu ata o undécimo xogo cando, con 4-4, Bouzas Maneiro rompeu o servizo da súa rival. Despois sufriu para manter o seu servizo pero conseguiu facerse coa manga inicial.

Eses dous xogos resultaron determinantes para a sorte do partido. No segundo set a súa rival, Townsend, estivo moito máis precipitada e aproveitouno Jessica Bouzas para ir sumando xogos ata lograr o 6-1 definitivo. Bouzas chega a oitavos de final doutro Másters 1.000 e está a unha rolda de igualar o seu mellor resultado histórico nun torneo des

See Full Page