O BBVA confirmou que seguirá adiante coa oferta pública de adquisición (opa) sobre o Banco Sabadell e prevé que os accionistas da entidade catalá poidan decidir en setembro se aceptan a proposta de compra, baseada no troco de accións. A comunicación foi remitida este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Con esta decisión, o banco que preside Carlos Torres despexa as dúbidas das últimas semanas sobre unha posible retirada da opa por non estar disposto a mellorar as condicións. A pesar diso, os accionistas do Sabadell seguen rexistrando unha perda duns 6 % co troco.

A continuidade da operación chega unha semana despois de que os accionistas do Sabadell aprobasen, case por unanimidade, a venda da filial británica TSB ao Banco Santander e a repartición dun dividendo extraor

See Full Page