Rematou a pretemporada do Celta e agora chega o verdadeiramente importante. O luns comezará a preparar o primeiro partido de Liga diante do Xetafe. Claudio Giráldez estaba ledo por esta última proba diante dun rival da Premier League: "Competimos, dominamos e fixemos ocasións" foi o resumo do partido que fixo o porriñés.

O técnico considera que o Celta chega "preparado ao comezo da Liga. A competición marcará como estamos. Hai xogadores que non están ao seu mellor nivel físico porque houbo paróns pero o groso do plantel está nun bo momento e demostrámolo contra o Wolves", dixo Giráldez.

Bryan Zaragoza xogou media hora no segundo tempo. Non quixo arriscar o adestrador porque só leva unha semana de preparación. "Está lonxe do seu mellor nivel. Pero vainos dar moitas cousas, é un xogador mo

See Full Page