Do 22 ao 31 de agosto, a parroquia de Castelo , en Culleredo , converterase un ano máis no epicentro da cultura no rural galego coa celebración da décima edición do Castelo Conta. Un aniversario especial para un festival que naceu co obxectivo de poñer en valor a tradición oral e a identidade do rural, e que hoxe se consolida como un dos proxectos culturais máis singulares de Galicia, arredor da música, o humor, a palabra e a comunidade.

O festival celebra o seu décimo aniversario cunha programación máis ambiciosa ca nunca: dez días consecutivos de actividade, máis de sesenta propostas escénicas e artísticas, máis escenarios e novas experiencias para reafirmar a singularidade do evento. O Castelo Conta aposta por unha cultura viva e de proximidade, vinculada ao coidado do territo

See Full Page