Os medios de extinción tiveron que empregarse a fondo este mércores de madrugada, principalmente en Ourense , polos incendios forestais que levaron a activar a situación 2 de emerxencia na provincia e obrigaron a desaloxar núcleos de poboación e confinar outros .
Así, tiveron que abandonar os seus fogares unha vintena de habitantes de Somoza, outros tantos de Pena Petada, no municipio da Pobra de Trives , e tres máis na Paleta, en Maceda .
Na estación de Montaña de Manzaneda confinaron por precaución os nenos e os monitores dun campamento de verán , aínda que xa de madrugada se confirmaba que o perigo pasara para eles .
Alí, despregouse un importante dispositivo para garantir a súa seguridade en todo momento e, segundo os medios de extinción, lograron estabilizar as c