Oconxunto celeste anunciou este xoves que o defensa ferrolán Manu Fernández Arroyo (24 anos) formará parte do primeiro equipo do Celta esta tempada. O canteirán acadou os obxectivos que o club esperaba e cumpre así un feito histórico, pois trátase da terceira xeración que xoga no primeiro equipo do club vigués.
O seu avó, Manuel Fernández Amado, xogou no Celta entre 1971 e 1975, e o seu pai, Manel Fernández Anidos, tamén militou no filial e posteriormente no primeiro equipo na tempada 1993-94. Fernández Amado foi un histórico con 114 partidos e 4 goles no club vigués. Despois xogaría no Español e no Castellón antes de volver ao Rácing. O seu pai, Manel Fernández Anidos, tivo boas temporadas no filial, pero no primeiro equipo non conseguiu estabilizarse. Xogou 4 partidos de Copa e un de Li