Oincendio que comezou hai seis días na localidade cacereña de Jarilla avanza sen control no seu flanco sur, obrigando a confinar ou desaloxar centos de habitantes da zona, segundo confirmou esta mañá a presidenta de Estremadura.

En base a esto tomamos dúas novas medidas. Unha é a evacuación de Gargantilla e outra é o confinamento de Hervás, sinalou María Guardiola.

O outro flanco deste incendio, que xa queimou seis mil hectáreas, ameaza a localidade de Plasencia. A presidenta estremeña pediu máis axuda militar para combater o incendio de Jarilla, e os outros catro activos na comunidade.

3500 persoas seguen evacuadas en Castela e León, onde hai 27 lumes activos

A outra comunidade especialmente afectada polos incendios forestais é, unha xornada máis, a de Castela e León, que amenceu con

See Full Page