A Axencia de Protección Civil e Emerxencias de Castela e León lanzou un chamamento para que os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola zona, afectada polos incendios forestais, non continúen coa ruta. Concretamente, refírense aos tramos que atravesan Astorga, Ponferrada, Bembibre e O Bierzo. Así, piden que non continúen a ruta e que sigan as instrucións das autoridades.
Castela e León arrincou este luns 18 de agosto con 26 incendios activos, dos cales dez se atopan en Índice de Gravidade Potencial (IGR) 2 nas provincias de Zamora, León e Salamanca, mentres dez alcanzan o nivel 1 en León, Palencia, Salamanca, Ávila e Zamora. Así o reflicte o balance de incendios forestais en Castela e León realizado polo Executivo autonómico, do que se desprende que a situación segue sendo "de ex