León e Zamora afrontan a semana con 9 incendios de nivel 2, nos lugares de Fasgar, Anllares del Sil, Llamas de Cabrera, Barniedo de la Reina, Canalejas, Gestoso, Paradiña e Yeres, onde o domingo morreu un bombeiro de 57 anos natural de Ourense.
Carlos Fernández, da Xunta de Castela e León, explicaba que tiñan desaloxadas 5.300 persoas en 76 localidades. Os refachos de vento cambiantes volveron dirixir o incendio da aldea zamorana de Porto cara ao Lago de Seabra, onde o intenso fume impediu traballar os medios aéreos e as lapas traspasaron os vales de Vega do Conde e de Tera.
Na ducia de poboacións evacuadas ou confinadas hai 8.000 persoas. Prevense novos desaloxos así que moitos veraneantes e locais preferiron marchar nos seus vehículos ou en taxi.
Os autobuses estaban preparados para o