Oadestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, non esconde que o seu equipo dispón de “ un talento diferencial” na liña de ataque, por iso a marxe de crecemento pasa, ao seu xuízo, por “ir ao límite en cada momento”.

“Desde que cheguei, montamos unha estrutura na que podamos soportar diferentes situacións co talento que temos en ataque. A xente que temos arriba é diferencial, iso todo o mundo sábeo, advertiu.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o extécnico do Huesca recoñeceu ter “moitísimas ganas” de disputar o seu primeiro partido oficial en Riazor , onde ten claro que o Dépor debe ser un equipo sólido para estar na pelexa polo ascenso.

Tamén foi moi claro sobre o rol de Yeremay.

"Ten que dar un paso adiante, ten unha responsabilidade grande, sábeo, cun talento grande, cunha

See Full Page