A Televisión de Galicia acaba de pechar un acordo coa Real Federación Española de Fútbol (RFEF) que permitirá a retransmisión en aberto de 40 partidos da Primeira RFEF ao longo da tempada 2025-2026 . Con este compromiso, a canle pública galega reforza o seu labor de servizo á cidadanía, garantindo unha ampla cobertura do fútbol de proximidade e situando a Galicia como gran protagonista dunha competición na que ningún outro territorio conta con tantos representantes.
O Grupo 1 da Primeira RFEF terá sabor galego coma nunca, con seis equipos da nosa comunidade: Rácing de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense C. F., Celta Fortuna e Arenteiro . Esta presenza masiva converte Galicia no auténtico epicentro da categoría de bronce, onde tradición, rivalidade e proxectos emerxe