A galega Jessica Bouzas quedou eliminada na primeira rolda do Aberto dos Estados Unidos diante da croata Donna Vekic, que conseguiu remontar o set inicial. Vekic gañou por 3-6, 7-5, 6-3 en algo máis de dúas horas.
Bouzas levou con autoridade o primeiro set con dous "breaks" a unha rival que precisou de atención médica. No segundo set a vilagarciá conseguiu poñerse con 2-4 pero a croata reaccionou con tres xogos seguidos para poñerse cun 5-4 e servizo. Bouzas igualou pero volveu a ceder o seu saque no seguinte xogo e acabou perdendo o set por 7-5.
No terceiro set caeu a fiabilidade de Jessica Bouzas co seu saque. Perdeuno ata en tres ocasións e acabou caendo por 6-3. A galega chegaba ao US Open no mellor momento da súa carreira despois de pisar a cuarta rolda no último grande -Wimbledon-