A situación dos incendios forestais en Lugo mellorou este mércores coa estabilización do lume declarado un día antes na Fonsagrada e a desactivación da situación 2 na Pobra do Brollón, que se decretou pola proximidade a varios núcleos de poboación.

O último balance de Medio Rural recolle que o incendio da Fonsagrada quedou estabilizado pasadas as 12:30 horas, tras queimar unha superficie estimada de 40 hectáreas.

O lume que empezou o luns na Pobra do Brollón, parroquia de Abrence, segue activo pero xa se levantou a situación 2 de emerxencia , que fora decretada de forma preventiva pola súa proximidade aos núcleos de Golmar, na Pobra, e de Conceado e San Pedro, no municipio veciño de Quiroga.

Este incendio, que afecta a unha superficie de ao redor de 900 hectáreas, mantén interrompida

See Full Page