O Río Breogán proclamouse na Coruña campión da Copa Galicia. O único representante galego na ACB suma con esta 16 copas, aínda que tivo que sufrir, e moito, para vencer na final a un Leyma Coruña que rozou a fazaña despois de ir case todo o partido por detrás.
O Breogán comezou mellor, e unha tripla de Dibba abría o camiño das primeiras vantaxes luguesas na final. Pero o Leyma Coruña non se descompuxo. Por detrás no marcador, mantíñase no encontro, ata que conseguiu a primeira vantaxe cun 2+1 mediado o segundo cuarto. Guiados por Dibba e Alonso na anotación, os lugueses volveronse distanciar no marcador. Ao descanso, a diferenza era superior aos tres puntos. 43 a 32.
A renda do Breogán seguiu medrando, e achegouse perigosamente aos vinte puntos xa no último cuarto. Pero o Leyma volveu re