Os socios de Goberno, do PSOE e Sumar, están a negociar unha serie de medidas contra Israel coa intención de aprobalas no Consello de Ministros do próximo martes, día 9, segundo confirmaron fontes gobernamentais á axencia EFE; estas fontes non concretaron que tipo de iniciativas poderían saír adiante.
A negociación chega despois de que Sumar expuxese o pasado xoves ao PSOE unha batería de medidas contra Israel para tratar de frear o "xenocidio" en Gaza, entre elas declarar persoa non grata ao primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, e aprobar de forma inmediata a lei de embargo de armas.
Esta proposición de lei, rexistrada por Sumar xunto con ERC e Podemos no Congreso, acordouse tramitar pola vía de urxencia, pero o espazo político liderado por Yolanda Díaz expuxo ao PSOE a posibi