O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP pon o foco, na véspera do comezo do curso escolar , no reforzo do profesorado nun ano no que segue a descender o número de alumnos.
Nunha entrevista na Radio Galega , Román Rodríguez destacou que hai menos estudantes pero máis profesores: 153 máis ca o ano pasado. Neste curso incorpóranse 1.100 novos docentes que acadaron praza nas últimas oposicións.
Este luns volven ás aulas 302.843 rapaces e rapazas , 4.255 menos ca o ano pasado. Un descenso que se suma ao xa rexistrado en cursos anteriores e que aínda non compensa a inmigración.
"O profesorado segue a medrar a pesar da caída do alumnado. Estamos outra vez nun número récord de profesores: 31.756, malia que temos unha caída demográfica de 4.200 alumnos que se acu