O Celta estará un pouco máis arroupado nos seus partidos de casa despois de que os responsables da UEFA desen o visto e prace á instalación dunha bancada supletoria en Gol , cuxa tribuna se está reformando para completar a remodelación do estadio.

A nova bancada terá capacidade para 600 espectadores e estará operativa a partir do próximo 2 de outubro, coincidindo co partido de Europa League ante o PAOK de Salónica, primeiro dos choques continentais que o conxunto celeste vai disputar no estadio vigués na fase de grupos da competición.

See Full Page