O Celta xogará o vindeiro mércores 8 de outubro un partido benéfico en Balaídos contra unha selección de futbolistas de Ourense para recadar fondos que se destinarán á reforestación dos montes da provincia de Ourense. En colaboración coa Federación Galega de Fútbol e a UD Ourense, a entidade presidida por Marián Mouriño lanzou a iniciativ a “Xuntos contra ou lume” como resposta aos devastadores incendios forestais que arrasaron os montes galegos, especialmente na provincia de Ourense.

“Queriamos achegar o noso gran a través do fútbol. Queremos que este partido demostre que en Galicia estamos todos unidos, que todos imos a unha cando as cousas non van ben”, sinalou a presidenta do Celta.

Tamén agradeceu a predisposición do corpo técnico que lidera Claudio Giráldez a xogar este parti

See Full Page