O Congreso dos Deputados rexeitou que o proxecto de lei para reducir a xornada laboral a 37,5 horas semanais siga a súa tramitación parlamentaria ao prosperar as emendas á totalidade cos votos de PP, Vox, Junts e UPN.
Foi a primeira derrota para o Goberno do novo curso político. Tal e como anunciaran, PP, Vox e Junts votaron en contra da redución da xornada laboral no Congreso, o que frea a tramitación do proxecto de lei.
Os cataláns din que é prexudicial para o seu tecido empresarial, e que responde a un interese persoal de Yolanda Díaz.
"Este é o seu proxecto persoal, o da súa supervivencia política, apoiada polos sindicatos españois", dixo Josep María Cervera, de Junts.
Para Vox é unha medida trampa.
"Que brincadeira é esta?, quere convencernos de que hai que traballar menos nun pa