Os reis de Españ a inician a súa primeira viaxe de Estado a Exipto, convidados polo presidente Abdel Fattah Al Sisi. A visita ten lugar nun contexto rexional convulso pola guerra en Gaza, na que este país exerce un papel mediador.
No primeiro acto desta viaxe Filipe VI cualificou de insoportable a crise humanitaria e a devastación en Gaza. E avogou polo diálogo, e a reconciliación en Oriente Próximo.
O monarca pronunciouse nestes termos nunha recepción coa comunidade española en Exipto. No país residen un milleiro de compatriotas. Destaca a presenza de empresarios, arqueólogos, profesores e cooperantes.