Sumar, Junts, BNG e Eh-Bildu chocaron este martes no Congreso co PSOE a conta de transferir os activos inmobiliarios da Sareb ás comunidades para crear unha bolsa pública que "facilite" o acceso á vivenda a mozas e persoas con maiores dificultades.
Ocorreu durante o debate dunha proposición non de lei do BNG , que se votará o mércores, na que s e reclama o traspaso autonómico -máis de 3.000 para Galicia- dunha bolsa de máis de 50.000 activos en mans da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, Sareb.
BNG solicitou o apoio de grupos como Sumar, Eh-Bildu ou Junts, pero contou co rexeitamento do PSOE, principalmente por reclamar o traspaso dos activos inmobiliarios á Xunta de Galicia que dirixe Alfonso Rueda .
Na defensa da iniciativa, Néstor Rego des