Obuque de acción marítima (BAM) Furor prepárase este xoves en Cartaxena para partir canto antes en apoio á Global Sumud Flotilla que leva axuda á Franxa de Gaza, tras os ataques sufridos por varios dos seus compoñentes, informaron a EFE fontes da Armada.

As fontes engadiron que se están levando a cabo labores de alistamento e aprovisionamento, co obxectivo de que poida partir este mesmo xoves á súa misión. A súa dotación está composta por 52 persoas (arredor de 60 se se suma aos sanitarios) e ten capacidade para participar en operacións convencionais de vixilancia marítima, pero tamén en misións humanitarias, de mantemento da paz, antidrogas, control da inmigración irregular.

O BAM P-46 Furor, un buque da Armada incorporado en 2019 tras a súa construción nos estaleiros de Navantia en Fer

See Full Page