Hai 8 anos Iago despedíase entre bágoas de Europa facendo unha promesa no céspede de Old Trafford: volver xogar competición europea
Foron anos difíciles, de sufrimento e incerteza e tivo que ser el co seu gol en Xetafe quen puxese fin á espera.
"Gocei a tope o camiño. Houbo días malos e días bos".
Os últimos están a ser bos e este xoves culmina un proceso que arrastra a todo o celtismo tras unha ilusión. O regreso a Europa, desta volta en Stuttgart.
Iago leva toda unha vida celeste cumprindo as súas promesas.