Nunha entrevista en Bloomberg, Pedro Sánchez asegurou que quere optar á reelección en 2027 e que xa falou do tema coa súa familia e co seu partido.

Membros do seu gabinete, como Óscar López e Pilar Alegría, celebraron este xoves a súa decisión. Para a voceira do Goberno, "non é que so se vaia presentar, é que imos gañar".

Pola contra, no PP están convencidos da súa derrota e cren que, se se presenta, é para defenderse da xustiza. Segundo Alberto Núñez Feijóo, o presidente "necesita o aparato do Estado para defenderse dos problemas xudiciais que ten na súa casa, no seu Goberno e no seu partido".

Dende Nova York, Pedro Sánchez volveu insistir na inocencia do seu irmán e da súa muller. E coma el, hoxe saíron á palestra outros socialistas. Para o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, n

See Full Page