Opresidente da RFEF, Rafael Louzán, estivo en Ourense participando nun acto que tivo lugar no Campus Universitario da cidade. O falou sobre algúns dos temas da actualidade futbolística en clave galega.

Louzán comezou referíndose as recentes declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que sostén que o Estadio de Balaídos culminará a súa reforma con 43.000 localiades, cumprindo as esixencias da Fifa. "Todos sabemos o xeito de proceder de Abel Caballero. Será a FIFA a que decida. Málaga finalmente non vai ser sede e eu estaría encantado de que houbese dúas sedes en Galicia para un Mundial." Tamén se referiu á marcha da candidatura da Coruña: "Imos ver que pasa coa Coruña, que fixo unha aposta forte, pero ten que haber sintonía entre o club e o Concello, porque se non non estaríamos face

See Full Page