As axencias de cualificación crediticias Moody's e Fitch melloraron o rating soberano de España , despois de que hai dúas semanas S&P o elevara xa a A+ con perspectiva estable, tras 6 anos sen cambios.
Moody's elevou a nota de Baa1 a A3 con perspectiva estable grazas a que "a fortaleza económica do país" está a mellorar por un crecemento máis "equilibrado", pola evolución positiva do mercado laboral e o fortalecemento do sector bancario.
No caso da axencia Fitch a nota tamén mellora de A- a A. Fontes do Ministerio de Economía valoran que todas as axencias de rating sitúan a súa cualificación en A, "situación que se perdeu durante a crise financeira e que non se recuperou ata estes momentos".
"Isto é unha mostra máis da confianza internacional na economía españ