O Celta concéntrase no terceiro enfrontamento da semana. Tras visitar ó Raio e o Stuttgart, na estrea europea, mañá terceira saída. Xoga en Elxe. A esixencia dos últimos sete días, con tres partidos lonxe de Balaídos, súmase a necesidade de acadar a primeira vitoria do curso.

O equipo de CLaudio Giráldez acumula cinco empates consecutivos na Liga, todos eles por un idéntico resultado de 1-1, despois da derrota na xornada inaugural contra o Xetafe aló polo mes de agosto.

En Europa, o cadro vigués ven de apañar unha dura derrota en Stuttgart, non tanto polo resultado (2-1), como polas sensacións, sendo superado en gran parte do partido polo equipo alemán. Sen tempo para deixar atrás este partido, xa que os galegos volvían no mediodía de onte a Vigo para adestrarse xusto a seguir, hoxe viax

See Full Page