A previa do Celta-PAOK comezou a xogarse moito antes de que o balón botase a rodar en Balaídos. O mediodía deste xoves, A Sede do club vigués acolleu un acto institucional con motivo do regreso da Europa League a Vigo oito anos despois.
O Celta exerceu de anfitrión nunha recepción á directiva do conxunto greg o, na que Marián Mouriño entregou á vicepresidenta do PAOK unha pandeireta conmemorativa do partido.
Ademais, ambas as entidades asinaron sobre un cartel deseñado para a ocasión que unía a Vigo e Salónica a través de dúas das súas iconas: a Porta do Atlántico de Praza América e a Torre Branca, símbolo heleno que se remonta á época