Fórono antes a melatonina ou o magnesio. E hoxe a creatina é o suplemento de moda. Consómese cada vez máis porque mellora o rendemento, favorece a recuperación muscular e reduce a fatiga. Pero non se debe tomar nunca superando a dose recomendada. E nunca sen beber polo menos dous litros de auga. O Colexio de Farmacéuticos da Coruña advirte unha vez máis sobre os riscos da sobresuplementación.

"Atopamos pastilleiros que son case coma os dos avós en xente nova, que toman moitos suplementos á vez. E debe haber un orden", dixo Blanca González Herrero, farmacéutica e nutricinionista.

A creatina haina xa en supermercados e ata en tendas de deporte. Pero os preparadores físicos explican que hai que procurar unha que sexa pura, de calidade.

"Este é o suplemento máis certificado do mercado, por

See Full Page