O Consello da Xunta aprobou este luns a posta en marcha dun proxecto para detectar o consumo de drogas a través da análise das augas residuais .
Segundo explicou o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, trátase dunha iniciativa "pioneira" e que se levará a cabo nas depuradoras de Tui, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago .
Vaise detectar a presenza de "cánnabis, cocaína, fentanilo e outras substancias" , asegurou Calvo, quen dixo que "é unha ferramenta que permite achegar información sobre amplas poboacións de xeito obxectivo, anónimo e rápido".
"Non só ofrecerá datos en tempo real, senón que permitirá detectar a entrada de novas drogas emerxentes" , manifestou o conselleiro.
No proxecto de investigación participarán a Xunta, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago, e se