O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) amplía a 15 puntos a distancia entre o PSOE e o PP nunhas hipotéticas eleccións grazas á subida dos socialistas, que gañarían co 34,8 % do voto estimado, e ao esborralle dos populares, que quedarían nun 19,8 % con Vox cada vez máis preto.

A mostraxe, realizada a partir de 4.029 entrevistas realizadas entre o 1 e o 7 de outubro, concede ao partido de Santiago Abascal unha estimación de voto do 17,7 %, catro décimas máis que en setembro , mentres o PP perde 3,9 puntos e o PSOE gaña 2,1.

A porcentaxe que o CIS atribúe ao PP déixalle por vez primeira nesta lexislatura por baixo dos 20 puntos de apoio electoral e é a cifra máis baixa que obtería a formación liderada por Alberto Núñez Feijóo desde os últimos comicios .

En cuarto lugar manten

See Full Page