O Deportivo Abanca conseguiu sumar un punto no partido da oitava xornada da Liga Feminina de fútbol diante do poderoso Atlético de Madrid (1-1). O equipo madrileño, terceiro clasificado no campionato, tivo o partido encamiñado desde o minuto seis cando a ex deportivista Gabi marcou o primeiro tanto.

Ao pouco de comezar a segunda parte o Atlético quedou con dez pola expulsión da central brasileira Lauren Leal. O equipo de Fran Alonso aproveitou a inferioridade para tirar cara arriba e conseguiu igualar a vinte minutos para o remate cun tanto de Millene, o segundo no campionato. Non serviu o partido para rachar a serie de cinco partidos sen gañar pero o punto colleitado diante dun dos grandes do fútbol español reforza a moral dun Deportivo que buscará a vitoria no seguinte encontro.

See Full Page