Osenador opositor centrista Rodrigo Paz Pereira gañou a segunda volta deste domingo co 54,57 % dos votos, segundo a información preliminar difundida polo Tribunal Supremo Electoral de Bolivia con pouco máis do 97 % das actas procesadas. Paz obtivo esa porcentaxe fronte a un 45,43 % do exmandatario conservador Jorge Tuto Quiroga (2001-2002), segundo os datos do Sistema de Transmisión de Resultados Preliminares ofrecidos esta noite polo TSE, co 97,68 % das actas computadas.
Os votos válidos alcanzan o 94,56 %, os brancos un 0,75 % e os nulos un 4,69 %, de acordo á información preliminar, que non é o cómputo oficial, aínda que o presidente en funcións do TSE, Óscar Hassenteufel, indicou que estes resultados mostran unha tendencia que parece ser irreversible. Segundo Hassenteufel, o nivel de