A reunión ordinaria do Consello da Xunta trasladouse este luns a Celanova , onde Alfonso Rueda, presidiu a xuntanza do seu equipo e na que os principais acordos tiveron como destino á provincia de Ourense .
En total, os investimentos acordados superan os 100 millóns de euros , dos que destacan os 31 millóns destinados a infraestruturas viarias .
Amais, Alfonso Rueda destacou que os orzamentos da Xunta para 2026 recollen que a provincia de Ourense será a destinataria de 1.733 millóns de euros , un 9,4 % máis que en 2025, cun gasto por habitante que alcanza os 5.700 euros.
Dos investimentos na rede viaria anunciados este luns, Rueda destacou as actuacións na estrada OU-533 que comunica A Gudiña coa Rúa, á que se van destinar 15,2 millóns, a aprobación do trazado definitivo da